Explotacións Forestais Varela

Gestión Forestal Integral desde Carballo

Explotacións Forestais Varela

Plantacións e traballos forestais

Somos expertos na realización de novas plantacións, adaptándonos aos desexos do cliente, ao tipo de terreo, á localización da finca e á normativa vixente.

A nosa ampla experiencia no sector forestal permítenos asesorarte axeitadamente sobre as especies que mellor se adaptan ao hábitat da túa parcela, aumentando así a produtividade e a rendibilidade da túa explotación.

Confíe nos nosos profesionais para o desenvolvemento da súa plantación forestal.

¿Cómo traballamos?

Visita e estudo da leira

Escolla da especie e variedade a plantar

Cubicación e disposición da parcela

Elaboración do orzamento e aceptación do cliente

Preparación da leira

Sementeira e fertilización

Monitorización da parcela, informando das súas necesidades e coidados 

Outros traballos forestais

Repoboacións

Replantamos plantas caídas ou enfermas para aumentar a saúde e a produción da súa plantación.

Clareos

Realizamos traballos de clareo para concentrar o crecemento nun menor número de plantas e mellorar o rendemento económico das sucesivas colleitas.

Podas

Levamos a cabo a mellora e restauración de especies vexetais para conseguir unha ramificación equilibrada mediante a eliminación de pólas enfermas, mortas, dominadas e algunhas das interiores que reciben pouca ou ningunha luz solar. 

Preparación do terreo

Preparamos o terreo realizando nivelación, asentamento, saídas de auga ou construción de canles.

Herbicidas e fertilizantes

Ofrecemos tratamentos con herbicidas e fertilizantes eficaces e respectuosos co medio ambiente. 

Talas

Realizamos servizos de tala de árbores e, se o cliente o desexa, podemos cortar e astillar a madeira en leña para uso doméstico. Tamén a entregamos no seu domicilio no formato que precise.

Queres máis información?

Contáctanos sen compromiso

Síguenos nas redes sociais e mantente ao día de todas as novidades

Forestais Varela

Xestión forestal xeral. Compra e venda de madeira, venda de leña cortada, limpeza e mantemento de propiedades...

Sección Xurídica

Aviso Legal

Política de Cookies

Política de Privacidade

Declaración de Accesibilidade

Copyright 2025 © Todos os dereitos reservados. | Design by PcPlus